Fin de semana de playoffs para os equipos do C.D. Arenteiro

Cadetes, Promesas e Feminino do C.D. Arenteiro desputaron esta fin de semana partidos da Fase de Ascenso

Os primeiros en demostrar no terreo de xogo o traballo de toda a tempada foron os Cadetes do C.D. Arenteiro. Fixérono na casa, na Uceira, as 12:00h do sábado. O equipo adestrado por Neira enfrontábase a E.D.C. Barbadás e loitaba por acercarse cada vez máis a Liga Gallega Cadete. O resultado foi favorable para os verdes que celebraron un 2-0 nun partido onde se percibiu o esforzo e dedicación dos rapaces da base do C.D. Arenteiro acollidos pola afección que se desprazou ata a Uceira para apoialos.

Os seguintes foron os xogadores do C.D.A. Promesas. O filial do Arenteiro, un equipo que se deu a coñecer o ano pasado e se puxo baixo as mans de Choco, viuse as caras co C.D. Córgomo Vilamartín, que facía fronte a primeira tempada da súa historia. Dous cadros cheos de ganas de competir que chegaron ao play-off o ano da súa estrea na categoría.

As bancadas de Espiñedo enchéronse cunha notable afección desprazada dende Valdeorras e todos aqueles da vila que se asomaron para ver aos verdes. A primeira parte desenvolveuse a un ritmo igualado cun par de oportunidades do Promesas, que intentaba achegarse a portaría rival ben defendida por Pablo.

Tras pasar por vestiarios, o dominio dos verdes manifestouse no terreo de xogo. Atacaban os locais e a penas transcorridos quince minutos do segundo tempo, o C.D. Arenteiro púxose por diante un gol de Clayton (1-0). Porén, os de Valdeorras non se rendían. Un balón preto da portaría dos verdes que finalmente foi fóra xerou un ambiente de tensión en Espiñedo. Tamén o fixo un lanzamento de Isra que celebrou dende a bancada como gol pero que se anulou no momento.

O C.D. Arenteiro Promesas xogará a semifinal e seguen loitando polo ascenso a Primeira Galicia (anterior a Preferente).

As do C.D. Arenteiro puxeron rumbo ao Campo da Bouza (Barrantes) para medirse ante o Umia C.F. e xogar a primeira eliminatoria da fase de ascenso. Non conseguiron o seu obxectivo de vencer como visitantes (7-1) pero demostraron a valía dun cadro que competía por primeira vez nesta categoría e contaba con xogadoras sen experiencia previa nun equipo de fútbol. O gol das verdes neste encontro veu da man de Nerea Suárez, «Peli».

A implantación dunha nova categoría inferior a que están agora as verdes fai que continúen tendo un obxectivo: loitar por quedarse en Segunda. Un mérito que de conseguilo, faralle verse as caras o ano que vén con equipos nunha situación máis complexa e competitiva.

Leave a Reply