Unha vitoria máis para pechar unha tempada chea delas (0-2)

O C.D. Arenteiro enfrontouse no Anxo Carro ao C.D. Lugo B na que foi a súa última xornada de liga. Co ascenso na mán, e ante un rival que non buscaba poñerllo fácil aos de Javi Rey, os verdes lucíronse especialmente durante o segundo tempo. Os goles de Markitos (73’) e Escobar (75’) chegaron case a vez, desatando unha vez máis os aplausos da afección que se desprazou ata a outra provincia galega.

Previa

O C.D. Arenteiro recibira ao C.D. Guijuelo no templo a pasada semana. Triunfo claro (5-1) e unha conmemoración especial en Espiñedo a base do club. Tamén se lles entregou aos verdes o trofeo de campións de 2º RFEF.

O Polvorín F.C. perdera na casa da R.S. Gimnástica por 2-1. Nos postos máis baixos da táboa, de número dezaseis, os de Roberto Trashorras intentarían plantarlle cara ao Arenteiro máis forte.

Primeiro tempo

O encontro comezou cun corredor de honra do C.D. Lugo B cara o C.D. Arenteiro. Pouco despois, comezaba o xogo.

O Polvorín intentábao ante un visitante forte e consolidado con seguridade na portaría controlada por Adrià. Un lanzamento de Torrado dende a frontal foi o primeiro que impediu o porteiro do Arenteiro. Seguiulle outro intento propiciado polo mesmo autor que Xabi tratou de meter na rede. Porén, os verdes posuíron tamén unha clara nos últimos minutos do primeiro tempo: unha falta lateral a Mario supuxo o perigo para os locais. Romay case consegue meter.

Segundo tempo

Despois de pasar por vestiarios, ambos equipos volveron á carga. O Lugo B empezou atacando, pero sen éxito, porque o Arenteiro saía con máis alento. A escasos dez minutos de pisar de novo o terreo de xogo Lamelas disparou a porta con decisión, malia que con conseguiu o tanto. Tívoa tamén Álex Conde grazas a un centro de Antón Escobar. Un lanzamento cunha media volta que foi alto poñía en vilo aos de Trashorras.

Javi Rey decidiu introducir nova maquinaria. Manín e Rafa Mella entraban por Adri Cruz, que contaba cun cartón amarelo, e polo mesmo Álex Conde que acababa de ter unha oportunidade de gol. Durante os 45 últimos minutos o C.D. Arenteiro foi claro vencedor.

O dorsal número sete dos visitantes foi un dos que axudou a inaugurar o marcador, intervindo nunha xogada pola dereita cun centro que enganchou Markitos. Só dous minutos despois, aparecía Escobar para rematar de cabeza un centro de Manín. 0 – 2, triunfo do C.D. Arenteiro.

Pouco houbo máis que contar na última xornada desta liga e desta tempada de ouro do C.D. Arenteiro. Só queda celebrar. O club armará unha festa este domingo que arrancará xa dende a Sesión Vermut, con comida posterior cos xogadores, xogos infantís, photocall, o grupo local Skadelos e a orquestra La Fórmula.

FICHA TÉCNICA

C.D. Lugo B: Brais, Torrado (Freire, min 81), Fidalgo, Iago Parga, Pablo Castrín (Martín, min 56), Hugo García, Rosón (Rubal, min 73), Iago Novo, Álex Ramos, Xabi Domínguez e Ces Cotos (Jorge González, min 56).

C.D. Arenteiro: Adriá Rojas, Jordan, Germán, Dani Pereiro, Mario (Pibe, min 71), Adrián Cruz (Manín, min 56), Romay, Martín Lamelas (Markitos, min 63), Álex Conde (Rafa Mella, min 56), David Álvarez (Curro, min 71) e Antón Escobar.

O árbitro, Juncal Moreira, do comité galego, mostrou cartóns amarelos a Torrado por parte do Polvorín e Adrián Cruz e Dani Pereiro do Arenteiro.

Leave a Reply