Saltar al contenido
Portada » Novas » Vitoria de traballo e festival de goles para devolver ao CD Arenteiro á senda do triunfo

Vitoria de traballo e festival de goles para devolver ao CD Arenteiro á senda do triunfo

Vitoria de traballo e festival de goles para devolver ao CD Arenteiro á senda do triunfo

Gran partido do CD Arenteiro, que goleou por seis goles a tres ao Real Avilés nun encontro cheo de intensidade e eficacia ofensiva, marcado pola forte chuvia caída sobre Espiñedo.

A intensa chuvia foi protagonista desde os primeiros compases dun duelo con necesidades distintas para ambos conxuntos. Os de Jorge Cuesta buscaban desde o inicio unha vitoria clave para afastarse dos postos perigosos da clasificación. O partido arrincou con moita intensidade, con balóns directos, disputas constantes e ambos equipos tratando de dominar as zonas de creación.

O inicio non foi favorable para o conxunto verde. O Real Avilés adiantábase no marcador tras un saque de esquina, cun cabezazo de Adri Gómez que superaba a Alvin e silenciaba momentaneamente Espiñedo. Lonxe de acusar o golpe, o Arenteiro respondeu con personalidade, buscando profundidade polos costados e acumulando efectivos en área rival.

A insistencia tivo premio rapidamente. Nunha acción individual de enorme calidade, David Ferreiro enviaba o balón á escuadra dereita da portería defendida por Álvaro cun disparo imparable, asinando o empate e cambiando a dinámica do encontro. A partir dese momento, o Arenteiro gañou confianza e acumulou chegadas perigosas, especialmente pola banda dereita. Nese contexto, un centro preciso de Jaume Cuéllar atopaba a Bastida, que conectaba unha espectacular volea para poñer o 2-1 antes do descanso. A reacción verde non remataría aí: nos instantes finais da primeira metade, Mingo aproveitaba un balón longo para fusilar cun potente dereitazo á cruceta e facer o terceiro, culminando unha primeira parte de gran nivel.

Tras o descanso, o Real Avilés moveu o banco con ata catro cambios para tratar de cambiar o rumbo do encontro. A reacción visitante non se fixo esperar e Uzkudun recurtaba diferenzas cun bo cabezazo tras centro lateral. O gol axustaba o marcador e obrigaba a ambos equipos a reorganizar liñas nun encontro aberto e eléctrico.

Mais o Arenteiro respondeu con autoridade. Poucos minutos despois, unha gran acción de Cuéllar pola dereita remataba nos pés de Chuca, que definía con enorme calidade para marcar o cuarto gol e devolver a tranquilidade aos locais. Co apoio constante da afección, os de Cuesta seguiron dominando as accións a balón dividido, amosando solidariedade, intensidade e determinación en cada disputa.

Froito dese traballo colectivo chegou o quinto tanto, novamente obra de Mingo, que aproveitaba un envío ás costas da defensa para superar ao porteiro nunha segunda acción. Partido moi completo dun Arenteiro que tamén viviu os debut de Lasure, Kandoussi e Álex López, todos eles cun rendemento acorde ao nivel do equipo.

O Real Avilés aínda recortaría distancias cun gran gol de Raúl Rubio, que cruzaba o balón con precisión para facer o terceiro dos asturianos. Pero o Arenteiro tiña gardada a última palabra. Un penalti provocado por Cuéllar permitía a Mingo completar o seu hat-trick. O dianteiro non fallou desde os once metros, frío e preciso, pechando o marcador e coroando unha actuación sobresaliente.

Co asubío final, Espiñedo celebrou unha vitoria de enorme valor dun CD Arenteiro que regresou á senda do triunfo da mellor maneira posible: con fútbol, carácter e goles.

Noticias relacionadas

Benvido, Álex!

Visión de xogo, calidade e asociación na sala de máquinas de Espiñedo! O CD Arenteiro confirma a chegada de Álex López ao primeiro equipo da

Benvido, Lasure!

O CD Arenteiro e o xogador Daniel Lasure chegaron a un acordo para a incorporación deste último á disciplina do club polo que resta de