Saltar al contenido
Portada » Novas » Sen premio en A Malata

Sen premio en A Malata

Sen premio en A Malata

O CD Arenteiro caeu por dous goles a cero ante o Racing de Ferrol en A Malata, nun encontro decidido polos tantos de Antón Escobar para o conxunto local.

O Club Deportivo Arenteiro chegaba a A Malata coa difícil misión de sumar puntos fronte a un dos favoritos ao ascenso de categoría. O equipo de Carballiño saíu valente e sen complexos ante un rival necesitado de resultados e confianza, pero sería o Racing quen se adiantaría cedo no marcador. Un penalti cometido sobre Giménez permitía a Antón Escobar marcar desde os once metros ante o seu exequipo e poñer por diante aos de Romo.

A primeira metade desenvolveuse con maior control por parte do conxunto local, aínda que cun Arenteiro traballador e competitivo, que non baixou os brazos en ningún momento. Os de Cuesta buscaban facer dano polos costados, con combinacións rápidas e chegadas en poucos toques á área rival, pero sen atopar o acerto necesario na finalización. Antes do descanso, sería de novo o Racing quen golpearía, cun segundo tanto tamén de Escobar, que dobraba a vantaxe no marcador.

Na reanudación, o Arenteiro afrontou a segunda metade coa necesidade de achegarse no electrónico. Para iso, o equipo verde adiantou liñas, aumentou a presión sobre a saída de balón rival e procurou acumular efectivos en zonas de perigo para aproveitar segundas xogadas. O esforzo e a insistencia dos de Carballiño foron constantes, pero nesta ocasión non atoparon recompensa.

As ocasións e aproximacións non se traduciron en gol, e as boas intencións quedaron sen premio final. Como nota positiva, destacou a reaparición de Richarte, nun encontro no que o traballo e a entrega do Arenteiro non foron suficientes para sumar puntos lonxe da casa.

Noticias relacionadas

Benvido Chuca!

O Club Deportivo Arenteiro fai oficial a incorporación de Víctor Moya Martínez «Chuca» (10/06/1997) para o que resta de tempada. O centrocampista de 28 anos

Empate a todo en Pasarón

O CD Arenteiro sumou un punto de moito valor no feudo do Pontevedra CF, nun encontro esixente e de alta intensidade, marcado polo golazo de