Saltar al contenido
Portada » Novas » Romera, Alpha, Félix e Iglesias xa visten de verde

Romera, Alpha, Félix e Iglesias xa visten de verde

Romera, Alpha, Félix e Iglesias xa visten de verde

A sala de prensa do Estadio do Espiñedo acolleu esta mañá a presentación de catro das novas incorporacións ao primeiro equipo: Alpha, Fer Iglesias, Dani Romera e Félix Giménez. Os xogadores estiveron acompañados polo director deportivo da entidade, Joan Farías, nun acto marcado pola ilusión, a ambición e as ganas de triunfar co CD Arenteiro.

Fer Iglesias

“Xogar no equipo da miña cidade é algo moi especial. Espero achegar moito, marcar goles e desfrutar deste campo agora como xogador. Podo adaptarme a diferentes posicións e estou aquí para axudar no que faga falta. Xa tiven que marchar e medrar fóra, e creo que este é o momento perfecto para volver e desfrutar coa miña xente”.

Dani Romera

“Levo varios anos en diferentes clubs e veño para achegar todo o que poida. Gústame axudar con goles pero tamén asumindo outras funcións no ataque. A miña experiencia pode sumar nun grupo que ten moita fame de competir. Buscaba un sitio como este para recuperar sensacións e dar o meu mellor nivel. Agora mesmo atópome moi ben e con moitas ganas de ser importante neste equipo”.

Félix Giménez

“Considérome un xogador con carácter e con proxección para seguir medrando aquí. O meu obxectivo individual é recuperar o meu mellor nivel e, a nivel colectivo, acadar os obxectivos que nos marquemos. O salto de categoría é un reto, pero tamén unha motivación, e afronto esta etapa con ilusión nun club tan familiar como este”.

Alpha

“Cheguei a este club polo proxecto e por Joan. Temos que ser ambiciosos e loitar polo máximo. Creo que o meu perfil se adapta moi ben á categoría e teño moitas ganas de comezar canto antes. Veño para medrar pero tamén para seguir mirando cara arriba. Quero que esta etapa sexa unha parte importante da miña carreira. Este é un club familiar, no que todos nos sentimos arroupados para progresar”.

Joan Farías

“O 85% do equipo está xa construído, pero seguimos traballando e valorando opcións. O feito de ter contrato non cambia nada: todos teñen que dar o máximo rendemento e demostrar que poden estar aquí. Mentres existan posibilidades, seguiremos buscando reforzos, especialmente en ataque e defensa, que son puntos clave. O equipo está traballando ben e esperta boas sensacións, pero aínda queda moito por diante e debemos seguir loitando”.

Noticias relacionadas

Benvido Javi Grillo

Javi Grillo, centrocampista abulense de 27 anos, convértese nun novo reforzo para o medio do campo verde. Natural de Sotillo de la Adrada (Ávila), Grillo

Benvido Víctor Mingo

O C.D. Arenteiro reforza o seu ataque coa incorporación de Víctor Mingo, dianteiro madrileño de 22 anos que chega para ofrecer rendemento inmediato e unha proxección