Saltar al contenido
Portada » Novas » Rodaxe e competición na estrea da pretempada verde

Rodaxe e competición na estrea da pretempada verde

Rodaxe e competición na estrea da pretempada verde

O Club Deportivo Arenteiro chegaba ao seu primeiro compromiso da pretempada na procura de sensacións e da construción dun novo equipo. Cun once cheo de novidades, os pupilos de Jesús Arribas iniciaban o encontro fronte á SD Ponferradina dominando o xogo, cunha vocación ofensiva e unha clara intención de controlar os tempos e o espazo con e sen balón.

Pronto chegarían as ocasións para os verdes, cun disparo de Grillo dende a frontal e unha dobre ocasión moi clara de Dani Romera, cun remate de cabeza e un gran disparo, acto seguido, que salvaba o porteiro rival en dúas intervencións consecutivas.

Primeira metade de amplo control do xogo e manexo da posesión fronte a unha SD Ponferradina que non lograba superar a presión do bloque adiantado arenteirista. O primeiro tempo concluía con moi boas sensacións e un papel protagonista para o conxunto galego, moi cómodo como principal animador do encontro.

A segunda metade comezaba con numerosos cambios en ambos equipos, pero co mesmo propósito por parte dos verdes: dominio do xogo, aproveitamento da amplitude do campo e procura constante de axudas na construción da xogada.

Os de Arribas aumentaban o seu caudal ofensivo por ambos costados, intensificando os duelos individuais e a procura de centros cruzados cara ao corazón da área rival.

Froito desta liña de xogo, chegaría unha das ocasións máis claras do período cun centro medido de Jaume Cuéllar que remataba Marcos fóra por moi pouco.

O partido permitía aos verdes amosar diferentes perfís no ataque, proxectando unha idea de xogo clara e recoñecible.

O paso dos minutos ofrecía unha versión do equipo máis vertical e práctica, con numerosas alternativas fronte ao ordenado bloque rival, sempre na procura da referencia de Sergio Benito en ataque, a través de envíos ao espazo.

Os últimos minutos do tempo regulamentario volveron traer o control do CD Arenteiro, cristalizado en ocasións moi claras nas botas de Nacho Ramón e Llàcer, poñendo a proba os reflexos do porteiro rival, un dos mellores homes branquiazuis na tarde de hoxe. Un envío certeiro de Marcos, ao bordo da conclusión, estivo a piques de converterse no primeiro gol da tarde por escasos centímetros.

A quenda de penaltis evitou o triunfo do CD Arenteiro, que cumpriu sobradamente o obxectivo do seu primeiro partido de preparación.

Ficha Técnica

1- C.D. Arenteiro: 13. Diego García, 15. Cipriano, 4. Eliseo, 22. Jordan, 20. Simón, 25. Adilson, 18. Grillo, 8. Dani G. , 7.Ferreiro, 17.Babu, 19. Dani Romera

Tamén xogaron: 1. Alvin 4.Eliseo 2. Alpha 23. Félix 6. Brais 5. Tiago 11. Cuéllar 10. Marcos 14. Caio 9. Nacho R. 3. Llàcer

2. S.D. Ponferradina: 1 Andrés Prieto 3 Ger Nóvoa 4 Borja Fernández 10 Borja Valle 19 Andoni López 20 Pau Ferrer 21 Diego Moreno 26 Vlad 27 Diñe 29 Maycoll 30 Bruno

Tamén xogaron: 13 Ángel 2 Andújar 7 Sergio Benito 21 Diego Moreno 22 Esquerdo 24 Javier 27 Diñe 29 Maycoll 30 Bruno 31 Korka 32 Álvaro

Campo Municipal de Baltar: 2000 espectadores

Árbitro: Alberto Gómez Lameiro

Noticias relacionadas

Benvido Javi Grillo

Javi Grillo, centrocampista abulense de 27 anos, convértese nun novo reforzo para o medio do campo verde. Natural de Sotillo de la Adrada (Ávila), Grillo

Benvido Víctor Mingo

O C.D. Arenteiro reforza o seu ataque coa incorporación de Víctor Mingo, dianteiro madrileño de 22 anos que chega para ofrecer rendemento inmediato e unha proxección