Saltar al contenido
Portada » Novas » Previa X12 | Vilachá apela á responsabilidade e á convicción dun Arenteiro decidido a reaccionar en Lezama

Previa X12 | Vilachá apela á responsabilidade e á convicción dun Arenteiro decidido a reaccionar en Lezama

Previa X12 | Vilachá apela á responsabilidade e á convicción dun Arenteiro decidido a reaccionar en Lezama

O CD Arenteiro busca en Lezama o punto de inflexión que levanta ao equipo e o devolva á senda positiva. Luis Vilachá compareceu na previa do choque ante o Bilbao Athletic cunha mensaxe clara: confianza, responsabilidade e a necesidade imperiosa de sumar.

“O equipo está responsabilizado e confía nas súas posibilidades”, asegurou o preparador, consciente da complexidade do momento pero tamén da capacidade do seu vestiario para revertelo. “Non foi unha semana cómoda, pero vexo ao grupo moi convencido de sacar o partido adiante”, explicou.

Vilachá recoñeceu que estas situacións esixen máis a todo o cadro técnico, pero destacou a madurez dun grupo que entende o reto: “As decisións aprétannos, pero os xogadores son coñecedores da súa responsabilidade, e véxoos motivados para sacar os puntos”.

Sobre o rival, o Arenteiro espérase un encontro de alta intensidade dende o primeiro minuto. “O Bilbao Athletic comezou con moitas vitorias, tivo un tramo máis difícil e chega de gañar en Tenerife. O primeiro equipo descanso e volverán futbolistas importantes. A nivel físico esixen moitísimo e teñen xogadores desequilibrantes”.

Para contrarrestalo, o adestrador aposta pola continuidade no modelo: “Seguiremos unha liña continuista. Faremos algún axuste, pero confiamos no noso traballo, que nos pode achegar ao obxectivo”.

A clave, asegura, estará no arranque e na claridade das ideas:
“Hai que estar moi ben a nivel técnico. Temos que ter as ideas claras, ser protagonistas con balón. A intensidade será alta en todo momento”.

Vilachá advirte tamén da enerxía do rival nos primeiros minutos:
“Vexo un rival moi presionante nos inicios. Tentaremos non equivocarnos no arranque, sabemos que aí tivemos momentos importantes nos últimos partidos. Faremos fincapé nese tramo, buscando superar ese primeiro tempo complexo”.

A ambición do vestiario, asegura, mantense intacta malia a dinámica negativa:
“O grupo cre nas súas posibilidades, esperan un partido que nos devolva ao resultado positivo. A situación non é a desexada: moitas xornadas sen gañar, aínda que houbo méritos. Necesitamos puntuar para romper esta dinámica”.

En canto ao estado da plantilla, o Arenteiro chega case ao completo:
“Temos a maior parte do grupo dispoñible, agás Richarte e os que xa viñan de baixa. O resto está preparado para competir ao mellor nivel”.

Vilachá concluíu con determinación:
“Necesitamos a vitoria para recuperar confianza e saír das posicións de abaixo. Temos os mimbres para conseguilo e imos pelexar por regresar á senda positiva”.

Noticias relacionadas