Saltar al contenido
Portada » Novas » O equipo verde segue a súa preparación cun partido de nivel fronte ao Sporting

O equipo verde segue a súa preparación cun partido de nivel fronte ao Sporting

O equipo verde segue a súa preparación cun partido de nivel fronte ao Sporting

O Club Deportivo Arenteiro afrontou este domingo un novo test de pretempada ante o Real Sporting de Gijón, con motivo do I Trofeo de Fútbol Grupo Breogán, disputado no Campo Municipal Pepe Barrera de Ribadeo. O encontro, enmarcado na preparación de ambos equipos, medía a un conxunto de Primeira RFEF fronte a outro de LALIGA Hypermotion, a pouco máis dunha semana do inicio oficial da competición para os asturianos.

O cadro dirixido por Jesús Arribas saíu ordenado e con intensidade nos primeiros compases, buscando frear o alto ritmo e a mobilidade do tridente atacante rival. Con todo, no minuto 23, Dubasin abriu o marcador para o Sporting tras unha acción combinativa no bordo da área. Apenas seis minutos despois, Queipo ampliou a vantaxe cunha boa definición, establecendo o 0-2 co que se chegou ao descanso.

Na segunda metade, o Arenteiro realizou múltiples cambios para repartir minutos e dar entrada a xogadores novos, mantendo a orde defensiva e tentando sorprender en transición. O Sporting, porén, mantivo a presión e ampliou a renda cun dobrete de Amadou nos minutos 68 e 71, pechando o marcador nun 0-4 que non reflicte por completo o esforzo e a seriedade do equipo carballiñés.

O encontro serviu ao conxunto verde para seguir acumulando rodaxe e medir forzas ante un rival de categoría superior, extraendo conclusións positivas de cara ao tramo final da preparación antes do comezo da nova tempada en Primeira RFEF.

Ficha técnica:
CD Arenteiro: Alvin (Diego G. 46’), Alpha (Jordan Sánchez 71’), Gorka Pérez (Del Valle 62’), Javi Grillo (Brais Val 46’), Markitos (Cuéllar 46’), Cipriano (Adilson 71’), Babu (Mingo 62’), Dani G. (David Ferreiro 62’), Diego Moreno (Lluís Llácer 71’), Dani Romera (Pablo Moya 62’) e Caio Lopes (Eliseo Falcón 71’).

Real Sporting: Yáñez, Kevin Vázquez, Pablo Vázquez, Kembo, Pablo García, Mbemba, Manu Rodríguez (Amadou 62’), Dubasin, Gelabert, Queipo e Otero.

Árbitro: Alberto Lago Barreiro. Asistido por Domínguez del Pino e Abel Bruzos.

Goles: 0-1 Dubasin (23’). 0-2 Queipo (29’). 0-3 Amadou (68’). 0-4 Amadou (71’).

Noticias relacionadas