Saltar al contenido
Portada » Novas » O C.D. Arenteiro alcanza un acordo con Football Club para seguir a Primeira RFEF en FCPlay

O C.D. Arenteiro alcanza un acordo con Football Club para seguir a Primeira RFEF en FCPlay

O C.D. Arenteiro alcanza un acordo con Football Club para seguir a Primeira RFEF en FCPlay

O C.D. Arenteiro chega a un acordo con Football Club para que os nosos socios e afeccionados poidan seguir toda a Primeira RFEF a través da plataforma FCPlay por só 64,99 €.

A promoción, dispoñible ata o 8 de setembro, permitirá gozar dos 20 partidos de cada xornada, en directo e tamén a carta, coa posibilidade de conectar ata dous dispositivos de maneira simultánea.

Ademais, ao seleccionar ao C.D. Arenteiro como club favorito no momento da contratación, os afeccionados contribuirán de forma directa ao crecemento da entidade, xa que o club recibirá un beneficio económico por cada usuario que se sume á campaña.

📲 Os interesados poden acollerse a esta oferta a través desta ligazón: https://fcplay.footballclub.pro/plans

ESTA TEMPADA XOGAMOS XUNTOS! 💚

Noticias relacionadas

Sen premio en A Malata

O CD Arenteiro caeu por dous goles a cero ante o Racing de Ferrol en A Malata, nun encontro decidido polos tantos de Antón Escobar

Benvido Chuca!

O Club Deportivo Arenteiro fai oficial a incorporación de Víctor Moya Martínez «Chuca» (10/06/1997) para o que resta de tempada. O centrocampista de 28 anos