Saltar al contenido
Portada » Novas » Importante apoio das persoas socias na Asemblea Extraordinaria do CD Arenteiro

Importante apoio das persoas socias na Asemblea Extraordinaria do CD Arenteiro

Importante apoio das persoas socias na Asemblea Extraordinaria do CD Arenteiro

A xuntanza celebrouse esta tarde cun amplo e relevante orde do día

A Asemblea Extraordinaria de Socios/as do CD Arenteiro tivo lugar na tarde deste xoves, 13 de novembro, ás 20:30 h en segunda convocatoria, no Auditorio Municipal do Carballiño. A reunión desenvolveuse seguindo a seguinte orde do día:

  1. Informe deportivo, social e económico actual do club.
  2. Avances na xestión da SAD e aprobación de necesidades inmediatas, como novas achegas e consolidación das xa realizadas.
  3. Autorización á presidencia ou á xunta directiva para realizar as xestións necesarias e concretar unha operación de préstamo, de ser preciso.
  4. Informe de avance do proxecto dun novo campo de fútbol en Uceira e/ou ampliación do campo de Espiñedo.
  5. Intervención das persoas socias.

Todos os puntos sometidos a aprobación foron apoiados de maneira positiva polo quorum de socios/as presentes na asemblea. Así mesmo, déronse a coñecer o estado actual dos proxectos en marcha e os próximos plans de crecemento e desenvolvemento do club.

Noticias relacionadas