A NOSA HISTORIA
Primeiros tres puntos na Primeira RFEF
Histórico ascenso a Primeira RFEF
O 16 de maio de 2023 o CD Arenteiro acada un histórico ascenso a Primeira RFEF catro xornadas antes do final de liga.
Campións da Copa Federación
No ano 2022, o C.D. Arenteiro acadaría o seu primer título nacional. Sería na cidade de Alzira (Valencia) onde se desputaría a final da copa, contra un U.D. Alzira que está a celebrar o seu centenario. Nese momento, o club está a vivir un momento de gran esplendor e gran orgullo para a súa afección.
Temporada 2021-2022
No ano 2022, o C.D. Arenteiro descubriría as dificultades da antiga 2ªB. Viaxes por media península ibérica, nun contexto onde os rivais están á altura da categoría, non acadando así bos resultados na primeira volta da temporada pero conseguindo a salvación e case a posibilidade de play-off de ascenso na segunda volta.
Non obstante, non deixaría de ser un ano de grandes logros para o club:
– Xoga partido de «Copa del Rey» contra un gran Valencia F.C. no Estadio Municipal Espiñedo.
– Maior rexistro de inscripcións na base ata a data.
– Incorporación dun equipo filial para o club, o C.D. Arenteiro Promesas.
– Creación dun equipo sénior feminino.
Temporada 2020-2021
Realízase un cambio de adestrador, Fran Justo, anterior adestrador do Ourense C.F. pasa a formar parte da familia do C.D. Arenteiro. Nun contexto de pandemia, o fútbol só se puido vivir dende a casa. Espiñedo estivo moitos meses sen afición e os partido podíanse únicamente a través de canles dixitais. Ano expectacular para o C.D. Arenteiro que o deixaría como campión da liga en 3ª división acadando así o ascenso. Este ano executaríase tamén a redistribución das categorías, así o equipo pasaría a xogar na nova categoría 2ª RFEF.
Club Deportivo Arenteiro
No ano 2005 recupérase o nome de Club Deportivo Arenteiro.
Na temporada 2005/06 acádase o subcampeonato por detrás do Maside e vólstase á Preferente. Aguantando desta vez cinco anos, acadando como mellor posto un 6º na tempada 2007/08, pero na 2010/11 penúltimos e de novo, descéndese á Primeira Rexional, na que se consegue o campionato.
O retorno á Preferente é nefasto polo que se volve a descender a Primeira Rexional, na cal se chega a 3º posto e conséguese novamente ascender a Preferente, na que se estivo ata a temporada pasada e se consegue o terceiro lugar.
Xogouse o play-off de ascenso de terceiros contra o Estudiantil de Callobre e tanto na ida como na volta o resultado foi empate a un, pero na tanda de penaltis, o CD Arenteiro impoñíase por 7-6, e tras os ascensos do Fabril e Rápido de Bouzas a Segunda B, podíase voltar a xogar en Terceira, 24 anos despois de facelo por última vez. Non se puido festexar no campo ao rematar o play-off xa que se tivo que agardar a que o Rápido de Bouzas certificara o seu ascenso.
Club Deportivo Carballiño
No ano 1990 o equipo pasaría a chamarse Club Deportivo Carballiño.
Cinco serían as temporadas que o equipo aguantou en Terceira, destacando os postos na de 1991/1992 e en 1992/93, o que daba dereito a xogar liguiña de play-off de ascenso, sendo a primeira vez contra o Alcalá (que acadaría os ascenso), o Lealtad e o Atlético Astorga, sendo terceiros con seis puntos por 10 do Alcalá.
Na temporda de 1992/93 sendo últimos con catro puntos ao igual co Sieiro, polos nove que acadaría o Real Madrid C e os sete do Zamora.
Despois de xogar estas dúas fases de ascenso, na temporada 1993/94, solo se acada o posto 16ª e pérdese a categoría arrastrados polos descensos de Arousa e Celta Turista da Segunda B. Baixouse con 32 puntos, os mesmos que lle valeron ao Lalín para manterese.
Non foron nada ben as cousas pola Preferente, e tras dez temporadas nesa categoría, ao final na de 2003/04 quédase de últimos e descéndese á Primeira Rexional. Noveno posto nesa volta ás categorías provinciais.
Ascenso a Segunda B
Tras unha serie de tempadas máis ou menos regulares en Terceira, lógrase, na de 1986/87 o subcampionato por detrás do Endesa As Pontes, e como ademáis cadraba coa ampliación da Segunda B ascéndese a esta categoría.
Realízase o debut en Espiñedo contra o CD Lugo, empatando a cero. A primeira vitoria chegaría na segunda xornada por 0-1 no campo do Bergantiños.
Como cuirodidade, o CD Arenteiro nesa tempada xogou as cinco primeiras xornadas contra equipos galegos, a excepción do primeiro que foi a Cultural de Durango na que se perdería 1-0. Nese ano xogaríase contra equipos da talla do Eibar, do mencionado Lugo, da Leoneasa, da Ximnástica Torrelavega, do Avilés, etc… Rematábase a tempada no 16º posto, o que permitiu xogar un ano máis na Segunda B.
Nesa segunda tempada na categoría de bronce, solo se puido acadar o posto 17º, e descéndese a Terceira, xunto co Santoña, Oviedo Aficionados e Bergantiños, despois de haber xogado entre outros contra o Bilbao Athlétic, Barakaldo, Pontevedra…
Segundo Ascenso a Terceira
Na temporada 1978/79 o CD Arenteiro remataba decimoterceiro. Sería na temporada 1979/80 cando se ascendería de novo á Terceira División dende o sétimo posto, pero ese ano por reestructuración das categorías, subiría ata o décimo clasificado.
Na temporada 1980/81 faise base para aguantar anos en Terceira.
Paso de terceira á preferente
Xógase na serie A ata a temporada 1972/73 na que se perde a categoría. Tras xogar catro anos en categorias provinciais vóltase á serie A na temporada 1976/1977.
Nesta serie A (actual preferente) dun único grupo, acádase o cuarto posto na temporada 1977/78 con 45 puntos.