Saltar al contenido
Portada » Novas » Germán Romo reforza a estrutura de xestión no CD Arenteiro

Germán Romo reforza a estrutura de xestión no CD Arenteiro

Germán Romo reforza a estrutura de xestión no CD Arenteiro

Romo súmase ao proxecto tras máis de doce anos de experiencia no fútbol profesional

O CD Arenteiro comunica a chegada de Germán Romo á estrutura do club para asumir a Dirección de Operacións da entidade. Con máis dunha década de desenvolvemento profesional na xestión de diferentes áreas vencelladas á comunicación e ao negocio en clubs como o CD Mirandés, CD Lugo, Cultural Leonesa, Real Jaén ou Burgos CF, Romo chega para achegar experiencia e traxectoria á estrutura verde de cara á vindeira tempada. Dende este momento, pasará a integrar a estrutura de traballo xa existente, xunto cos diferentes departamentos e responsables operativos do club, dentro da estratexia de crecemento marcada dende a dirección.

Benvido!

Noticias relacionadas

Sen premio en A Malata

O CD Arenteiro caeu por dous goles a cero ante o Racing de Ferrol en A Malata, nun encontro decidido polos tantos de Antón Escobar

Benvido Chuca!

O Club Deportivo Arenteiro fai oficial a incorporación de Víctor Moya Martínez «Chuca» (10/06/1997) para o que resta de tempada. O centrocampista de 28 anos