AS ENTRADAS PARA O PARTIDO CONTRA O ATLÉTICO DO MADRID AÍNDA NON ESTÁN DISPOÑIBLES. POR FAVOR, NON CONTACTAR PARA SOLICITALAS

Temporada 2021-2022

Temporada 2021-2022

No ano 2022, o C.D. Arenteiro descubriría as dificultades da antiga 2ªB. Viaxes por media península ibérica, nun contexto onde os rivais están á altura da categoría, non acadando así bos resultados na primeira volta da temporada pero conseguindo a salvación e case a posibilidade de play-off de ascenso na segunda volta.
Non obstante, non deixaría de ser un ano de grandes logros para o club:
– Xoga partido de “Copa del Rey” contra un gran Valencia F.C. no Estadio Municipal Espiñedo.
– Maior rexistro de inscripcións na base ata a data.
– Incorporación dun equipo filial para o club, o C.D. Arenteiro Promesas.
– Creación dun equipo sénior feminino.