Primeiro Ascenso A Terceira
Temporada 1963/64 conséguese o campiónato do Grupo Sur, e con 7 puntos acadábase o segundo posto na liguiña de ascenso por detrás do Calvo Sotelo e por diante do Viveiro e do Arcadia, acadando deste xeito o seu primeiro ascenso á Terceira División.
O debut na terceira foi na temporada 1964/65, o cal se produce no campo do Gran Peña cun empate a cero, perdendo na seguinte por 0-4 ante o Compostela na súa estrea na casa.
A primeira vitoria chegaría na xornada 5 desputada un 11 de outubro de 1964 cun 2-0 ao Gabril. Remátase esa temporada no posto 12ª nunha liga de 16 equipos.
De xeito parecido, producíronse as cousas na segunda temporada na terceira.
Na temporada de 1966/67 o equipo remata no último posto, polo que descende, volta a xogar na serie A.