Fundación

Fundación

Ano 1958, fúndase o equipo, Club Deportivo Carballiño,  herdeiro do antigo Sporting Carballiño. O nome de Arenteiro ven dado polo río que atravesa a vila.

Primeira temporada 1958/59 debutouse na Serie A, que sería o equivalente a actual Preferente, xa que o Sporting Carballiño fixérao nesta división na temporada 1957/58. O debut do equipo foi ante o Arenal, aos que se lle gañaría por 2-1. Remátase a temporada nunha sexta posición dun grupo de dez equipos, entre os que estaban o Lemos, o Coruxo, o Choco ou o Alondras entre outros.