Club Deportivo Arenteiro

Club Deportivo Arenteiro

No ano 2005 recupérase o nome de Club Deportivo Arenteiro.

Na temporada 2005/06 acádase o subcampeonato por detrás do Maside e vólstase á Preferente. Aguantando desta vez cinco anos, acadando como mellor posto un 6º na tempada 2007/08, pero na 2010/11 penúltimos e de novo, descéndese á Primeira Rexional, na que se consegue o campionato.

O retorno á Preferente é nefasto polo que se volve a descender a Primeira Rexional, na cal se chega a 3º posto e conséguese novamente ascender a Preferente, na que se estivo ata a temporada pasada e se consegue o terceiro lugar.

Xogouse o play-off de ascenso de terceiros contra o Estudiantil de Callobre e tanto na ida como na volta o resultado foi empate a un, pero na tanda de penaltis, o CD Arenteiro impoñíase por 7-6, e tras os ascensos do Fabril e Rápido de Bouzas a Segunda B, podíase voltar a xogar en Terceira, 24 anos despois de facelo por última vez. Non se puido festexar no campo ao rematar o play-off xa que se tivo que agardar a que o Rápido de Bouzas certificara o seu ascenso.

Celebración do ascenso a Terceira