Ascenso a Segunda B

Ascenso a Segunda B

Tras unha serie de tempadas máis ou menos regulares en Terceira, lógrase, na de 1986/87 o subcampionato por detrás do Endesa As Pontes, e como ademáis cadraba coa ampliación da Segunda B ascéndese a esta categoría.

Realízase o debut en Espiñedo contra o CD Lugo, empatando a cero. A primeira vitoria chegaría na segunda xornada por 0-1 no campo do Bergantiños.

Como cuirodidade, o CD Arenteiro nesa tempada xogou as cinco primeiras xornadas contra equipos galegos, a excepción do primeiro que foi a Cultural de Durango na que se perdería 1-0. Nese ano xogaríase contra equipos da talla do Eibar, do mencionado Lugo, da Leoneasa, da Ximnástica Torrelavega, do Avilés, etc… Rematábase a tempada no 16º posto, o que permitiu xogar un ano máis na Segunda B.

Nesa segunda tempada na categoría de bronce, solo se puido acadar o posto 17º, e descéndese a Terceira, xunto co Santoña, Oviedo Aficionados e Bergantiños, despois de haber xogado entre outros contra o Bilbao Athlétic, Barakaldo, Pontevedra…

C.D Arentiero no ano 1987