O C.D. Arenteiro recibe este venres 20 de marzo no Estadio Mpal. de Espiñedo ao Celta Fortuna, nun encontro correspondente á xornada 29 da Primeira Federación, que dará comezo ás 20:30 horas.
O conxunto verde afronta un atractivo derbi no seu feudo, onde buscará facerse forte xunto á súa afección nun partido esixente e de gran intensidade.
As entradas están dispoñibles na tenda oficial do club e tamén se poderán adquirir na taquilla do estadio o propio día do encontro.
Convocatoria do C.D. Arenteiro (orde alfabética):
Adilson, Alpha, Alvin, Bastida, Bilal, Brais, Chuca, Dani G., Diego, Diego Moreno, Eliseo, Ferreiro, J. Cuéllar, Jordan, Lasure, Luca, Mingo, Molina, Moya.
#CamiñaConNós
