Saltar al contenido

Berardozzi, Marquitos e Tiago regresan tras cesión

O C.D. Arenteiro comunica que os futbolistas Berardozzi, Marquitos e Tiago regresan á disciplina do club tras completar os seus períodos de cesión na tempada 2024/25.

Berardozzi volve a Espiñedo logo da súa experiencia no Salamanca CF UDS, mentres que Marquitos retorna tras a súa cesión na SD Compostela. Pola súa parte, Tiago pechou a campaña no Bergantiños FC, completando un curso de crecemento e minutos de xogo en competición oficial.

O club celebra a súa volta e xa traballa na planificación da nova tempada xunto aos xogadores, que se incorporarán á dinámica do equipo para preparar o novo curso.

💚 Benvidos de novo. Camiñamos xuntos.

Noticias relacionadas

CAMPAÑA DE ABONADOS 25/26

A campaña de abonados 25/26 xa está en marcha.Un novo camiño arrinca xunto a ti. Un camiño que nos levará por cidades, emocións e retos,

Grazas Tarsi

O CD Arenteiro comunica que Tarsi Aguado non formará parte do plantel verde na próxima tempada. Queremos agradecerlle sinceramente o seu traballo, esforzo e compromiso

Benvido Luís Llacer

Damos a benvida á familia verde a Lluis Llácer, lateral esquerdo con experiencia contrastada na categoría e un perfil moi completo, que destaca polo seu