O C.D. Arenteiro reforza o seu ataque coa incorporación de William de Camargo, extremo dereito de 26 anos, natural de São José do Rio Preto (Brasil) e con nacionalidade tamén española.
Formado no São Paulo e cunha longa traxectoria en Europa, William pasou polo CD Leganés, onde chegou a debutar en Segunda División, e acumulou experiencia en clubs como FC Cartagena, Deportivo da Coruña, Valencia Mestalla, Real Ávila ou KMSK Deinze en Bélxica.
É un xogador rápido, eléctrico no un contra un e con capacidade para xerar perigo constante polas bandas, chamado a aportar desborde e dinamismo ao ataque verde.
💚 Benvido a Espiñedo, William!
#CamiñaConNós