O C.D. Arenteiro reforza o seu ataque coa incorporación de Víctor Mingo, dianteiro madrileño de 22 anos que chega para ofrecer rendemento inmediato e unha proxección ilusionante ao conxunto verde.
Formado nas canteiras de clubs como o Getafe CF, CD Illescas e RCD Espanyol, Mingo destaca por ser un dianteiro centro de referencia, forte fisicamente e moi eficaz no xogo aéreo. Un perfil que achega presenza na área, capacidade de fixar defensas e olfacto goleador.
Procedente do Espanyol B, chega ao Espiñedo para seguir medrando como futbolista e poñer o seu talento ao servizo do equipo nunha categoría esixente como a Primeira Federación.
💚 Benvido á familia verde, Víctor!
#CamiñaConNós