Saltar al contenido
Portada » Novas » Benvido Sergio Aguza

Benvido Sergio Aguza

Benvido Sergio Aguza

O C.D. Arenteiro reforza o seu centro do campo coa chegada de Sergio Aguza, mediocentro de 32 anos con ampla experiencia no fútbol profesional.

Natural de Sant Boi de Llobregat (Barcelona), Aguza formouse na canteira do Real Madrid, chegando a xogar no RM Castilla antes de iniciar unha longa traxectoria que o levou por equipos como Córdoba CF, AD Alcorcón, UD Almería, FC Cartagena, SD Ponferradina, Real Murcia, CD Lugo ou CF Fuenlabrada.

Con máis de 300 partidos en Primeira e Segunda División, destaca pola súa visión de xogo, capacidade de mando no medio campo e precisión no pase. Chega a Espiñedo para achegar experiencia, criterio e carácter competitivo.

Benvido a casa, Sergio!

#CamiñaConNós

Noticias relacionadas

Benvido William de Camargo

O C.D. Arenteiro reforza o seu ataque coa incorporación de William de Camargo, extremo dereito de 26 anos, natural de São José do Rio Preto

Parte médico Babu

O CD Arenteiro informa que, tras as pertinentes probas médicas realizadas ao xogador Babucarr Boye, despois da lesión sufrida no seu xeonllo esquerdo, o servizo

Benvido Diego Moreno

O C.D. Arenteiro incorpora a Diego Moreno, lateral esquerdo de 23 anos que chega procedente do Valencia CF Mestalla. Natural de Villa del Río (Córdoba),