O CD Arenteiro fai oficial o acordo acadado co xogador Antonio Molina para esta tempada.Molina (21-6-03, Huelva) actúa como extremo esquerdo e destaca pola súa calidade no regate, o bo desempeño no un contra un e a súa velocidade pola banda para achegar novas alternativas ao ataque.
Formado na canteira do Recreativo de Huelva, malia a súa xuventude xa percorreu etapas en clubs de alto nivel como o Elche CF, Burgos CF, Córdoba CF ou Getafe CF, e chega ao Carballiño coa misión de converterse nunha peza importante no esquema de Jorge Cuesta.
Benvido ao templo, Antonio!



