O C.D. Arenteiro suma talento e gol á súa dianteira coa incorporación en calidade de cedido desde o R.C. Deportivo de Martín Ochoa, dianteiro centro de 20 anos natural de Logroño.
Formado na canteira do Dépor, Martín destaca pola súa mobilidade, intelixencia para atacar espazos e capacidade de definición. A súa progresión levouno a debutar na Primeira Federación, xogar en equipos coma o C.D. Lugo, así tamén como a competir en torneos de prestixio como a UEFA Youth League.
Internacional nas categorías inferiores e cun futuro prometedor, chega a Espiñedo para reforzar o ataque verde e seguir medrando na súa carreira.
💚 Benvido, Martín!
#CamiñaConNós