O CD Arenteiro e o xogador Daniel Lasure chegaron a un acordo para a incorporación deste último á disciplina do club polo que resta de tempada.
Lasure (27-2-94, Zaragoza) desenvólvese como defensa esquerdo, e conta cunha importante traxectoria no fútbol profesional. Formado na sempre prolífica canteira do Real Zaragoza, formou parte do primeiro equipo do conxunto branquillo durante tres tempadas, tras as cales iniciou o seu percorrido por clubs como o CD Tenerife, o CD Leganés, o seu regreso por dúas campañas ao Real Zaragoza, a SD Eibar, a SD Amorebieta e, por último, unha etapa no fútbol internacional, nas filas do conxunto romanés FC Universitatea Cluj.
Experiencia contrastada e de longo percorrido en Segunda División para un xogador seguro, contundente e capacitado para reforzar a liña defensiva e achegar calidade xunto aos seus compañeiros de retagarda. Lasure chega ao Carballiño como a segunda incorporación no mercado de inverno, e a súa presentación coa camiseta verde será comunicada proximamente.
Benvido ao templo, Daniel!


