O C.D. Arenteiro reforza o seu centro do campo coa chegada de Julen Jon Guerrero (21), mediocentro ofensivo esquerdán e unha das perlas do fútbol español da súa xeración.
Natural de Bilbao e de 1,87 m de altura, Julen formouse na canteira do Real Madrid, onde percorreu todas as categorías de base ata chegar ao RM Castilla. Posteriormente continuou a súa traxectoria en Italia, coa AS Roma Primavera, e regresou a España para xogar na SD Amorebieta e no Deportivo Alavés B.
Internacional en categorías inferiores coa selección española, destaca pola súa visión de xogo, chegada desde segunda liña e gran golpeo coa súa zurda.
💚 Benvido a Espiñedo, Julen Jon!
#CamiñaConNós