Saltar al contenido
Portada » Novas » Benvido Javi Grillo

Benvido Javi Grillo

Benvido Javi Grillo

Javi Grillo, centrocampista abulense de 27 anos, convértese nun novo reforzo para o medio do campo verde.

Natural de Sotillo de la Adrada (Ávila), Grillo achega ao C.D. Arenteiro experiencia, carácter e equilibrio táctico. Xogador con ampla traxectoria en categorías nacionais, destacou en equipos como La Unión Atlética, SD Ejea, Marbella FC, Villarrubia CF ou CF La Solana, entre outros.

Mediocentro con boa lectura de xogo, capacidade para manexar os tempos e protexer a liña defensiva, Grillo destaca tamén polo seu compromiso competitivo e polivalencia. Ademais da súa experiencia en España, pasou tamén polo fútbol italiano, defendendo as cores do FC Otranto.

Chega a Espiñedo preparado para poñerse á fronte do motor do equipo.

Benvido á familia verde, Javi!

#CamiñaConNós

Noticias relacionadas

Benvido Víctor Mingo

O C.D. Arenteiro reforza o seu ataque coa incorporación de Víctor Mingo, dianteiro madrileño de 22 anos que chega para ofrecer rendemento inmediato e unha proxección