Saltar al contenido

Benvido Jaume Cuéllar

O C.D. Arenteiro e o C.D. Lugo chegan a un acordo para a cesión de Jaume Cuéllar, extremo hispano-boliviano que vivirá a súa segunda etapa en O Carballiño.

Moi querido pola afección verde, Jaume deixounos grandes recordos na pasada tempada, destacando pola súa velocidade, desborde, visión e capacidade no un contra un. Un perfil eléctrico e incisivo que sempre suma dende o extremo.

Formado nas canteiras do Racing Blanenc, FC Barcelona e o club italiano SPAL, co que debutou na Serie A converténdose no primeiro boliviano da historia en xogar na máxima categoría italiana, aterrou no C.D. Lugo en 2021, co que disputou a Segunda División antes de seguir sumando experiencia en Primeira RFEF.

Internacional coa Selección absoluta de Bolivia, ten experiencia en contextos esixentes como a liga italiana, a Segunda División española, a Primera RFEF e mesmo a Copa América, onde chegou a debutar no primeiro equipo nacional.

Unha nova oportunidade para seguir sumando talento, ilusión e entrega á familia verde.

💚 Benvido de novo, Jaume!

#CamiñaConNós

Noticias relacionadas

Benvido Dani Romera

Damos a benvida á familia verde a Dani Romera, dianteiro con traxectoria de altura, instinto goleador e un pasado marcado pola súa irrupción precoz na

Comunicado Oficial

O CD Arenteiro informa que, unha vez confirmada a integración de D. Alejandro Arribas no órgano directivo doutra entidade, este non formará parte da directiva

Benvido Félix Giménez

Félix Giménez únese ao C.D. Arenteiro para reforzar a nosa liña defensiva. Con só 19 anos, este defensa central de 1,84 m destaca pola súa

Benvido Fer Iglesias

Damos a benvida —ou mellor dito, dámoslle a benvida de volta— á familia verde a Fer Iglesias, dianteiro ourensán con proxección, versatilidade e un forte