Saltar al contenido

Benvido Fer Iglesias

Damos a benvida —ou mellor dito, dámoslle a benvida de volta— á familia verde a Fer Iglesias, dianteiro ourensán con proxección, versatilidade e un forte vínculo coa nosa comarca.

Natural de Maside, Fer formouse nas categorías inferiores do C.D. Arenteiro antes de continuar a súa evolución no fútbol galego da man de clubs como o Pabellón Ourense, o C.D. Choco ou a UD Barbadás. Con só 20 anos, acumulou xa minutos e goles en ligas como a División de Honra Xuvenil ou a Terceira Federación.

Xogador polivalente, capaz de ocupar diferentes posicións no ataque, destaca polo seu traballo, mobilidade e espírito competitivo. Representante dunha nova xeración con futuro, regresa á súa casa para seguir medrando co escudo que o viu comezar.

Benvido de novo, Fer!

#CamiñaConNós

Noticias relacionadas

Benvido Jaume Cuéllar

O C.D. Arenteiro e o C.D. Lugo chegan a un acordo para a cesión de Jaume Cuéllar, extremo hispano-boliviano que vivirá a súa segunda etapa

Benvido Dani Romera

Damos a benvida á familia verde a Dani Romera, dianteiro con traxectoria de altura, instinto goleador e un pasado marcado pola súa irrupción precoz na

Comunicado Oficial

O CD Arenteiro informa que, unha vez confirmada a integración de D. Alejandro Arribas no órgano directivo doutra entidade, este non formará parte da directiva

Benvido Félix Giménez

Félix Giménez únese ao C.D. Arenteiro para reforzar a nosa liña defensiva. Con só 19 anos, este defensa central de 1,84 m destaca pola súa