O Club Deportivo Arenteiro fai oficial a incorporación de Víctor Moya Martínez «Chuca» (10/06/1997) para o que resta de tempada. O centrocampista de 28 anos aterra en Espiñedo para achegar experiencia, visión de xogo e calidade ao centro do campo verde.
Formado nunha das mellores canteiras de España, a do Villarreal C.F., Chuca conta cunha traxectoria de alto nivel. Chegou a debutar na Primeira División e na Europa League co primeiro equipo do «Submarino Amarelo» na tempada 17/18, tras destacar no seu filial con grandes rexistros goleadores.
O xogador acumula tamén unha ampla experiencia na categoría de prata (Segunda División), vestindo as camisolas do Elche C.F. e do Racing de Ferrol, ademais de dúas aventuras internacionais na liga polaca co Wisła Kraków e o Miedź Legnica. Nas últimas campañas, foi unha peza importante na categoría de bronce en equipos como Unionistas de Salamanca e procede agora do F.C. Cartagena.
Un reforzo de luxo que destaca pola súa capacidade asociativa e a súa chegada dende segunda liña.
Benvido á túa nova casa, Chuca! 💚

