Saltar al contenido
Portada » Novas » Benvido Brais Val!

Benvido Brais Val!

  • Novas

Benvido Brais Val!

Damos a benvida á familia verde a Brais Val Alonso, centrocampista galego con talento, visión de xogo e gran capacidade de traballo sen balón.

Natural de Vigo, Brais formouse nas canteiras do RC Celta e do Valencia CF antes de regresar a Galicia para defender durante catro tempadas a camiseta do Dépor, onde foi unha peza clave no Fabril e chegou a estar en dinámica co primeiro equipo. A pasada tempada xogou no Villarreal CF B, sumando experiencia en contextos esixentes.

Xogador cun excelente pase interior, capacidade para manexar os tempos do xogo e compromiso co equipo, chega ao C.D. Arenteiro para achegar calidade e equilibrio ao medio do campo.

Benvido, Brais!

Compartir

Noticias relacionadas

Sen premio en A Malata

O CD Arenteiro caeu por dous goles a cero ante o Racing de Ferrol en A Malata, nun encontro decidido polos tantos de Antón Escobar

Benvido Chuca!

O Club Deportivo Arenteiro fai oficial a incorporación de Víctor Moya Martínez «Chuca» (10/06/1997) para o que resta de tempada. O centrocampista de 28 anos