Saltar al contenido
Portada » Novas » Benvido Alpha

Benvido Alpha

Benvido Alpha

Damos a benvida á familia verde a Mamadou Alpha, lateral dereito de vocación ofensiva, potente, veloz e cun desborde notable no un contra un. Un futbolista con moito percorrido e unha gran capacidade física que se incorpora ao C.D. Arenteiro para seguir crecendo.

De Palma de Mallorca, Mamadou completou a súa etapa de formación na Cultural Leonesa, onde deu os seus primeiros pasos como futbolista antes de competir en categorías nacionais con equipos como o Ciudad Real, CA Pinto, UD Carrión e Real Ávila, ofrecendo un alto rendemento nas últimas tempadas.

Con 23 anos, chega a Espiñedo coa ilusión de seguir medrando e aportar intensidade, velocidade e verticalidade ao xogo por banda.

Benvido, Alpha!

#CamiñaConNós

Noticias relacionadas