Visión de xogo, calidade e asociación na sala de máquinas de Espiñedo!
O CD Arenteiro confirma a chegada de Álex López ao primeiro equipo da entidade.
López (Terrassa, 2-6-97) actúa como mediocentro e chega a Espiñedo como un xogador consolidado no fútbol profesional español, cun amplo percorrido e unha traxectoria contrastada ao máis alto nivel.
Formado na canteira do RCD Espanyol, formou parte do primeiro equipo que se proclamou campión de Segunda División, acadando o ascenso á LaLiga EA Sports. Posteriormente, CD Lugo, CD Mirandés, AD Alcorcón, Nàstic de Tarragona ou Marbella FC, na súa etapa máis recente, foron algúns dos seus destinos dentro dunha extensa carreira que tamén o levou a competir no campionato grego.
Calidade, visión de xogo e pase preciso para un futbolista chamado a achegar talento e experiencia na procura do obxectivo.
Benvido ao templo, Alex!
#CamiñaConNós #BenvidoAlex


