Táboas entre Arenteiro e Teruel (1-1)
Arenteiro: Diego García, Jordan (Lucas Sena, min 79), Javi Moreno (Berardozzi min 88), Germán, Álvaro Ramón (Tiago, min 88), Vitra (Marino, min 62), Esquerdo, Pibe, Álex Cardero (Iván Ramos, min 62), Luis Chacón y Manín.
Teruel: Taliby, Aitor Pascual, Sanchís, Carmona, Sierra, Julen (Arnau Gaixas, min 46), Tena, Facu García, Dani Villa (Borja Romero, min 46), Borja Martínez y Naranjo (Nacho Castillo, min 79).
1-0 33′ Pibe, 1-1 54′ Naranjo.
Encontro complicado o que tiña o Arenteiro na tarde de onte no Espiñedo. O Teruel chegaba ao Carballiño no derradeiro posto na táboa clasificatoria pero, como ben avisaba Javi Rey, iso só engañaba. E no céspede viuse o ben que compiten os de Aragón; intensos, ordenados e aguerridos.
Os de Javi Rey firmaron un bo primeiro tempo e fixeron o máis difícil, adiantarse no marcador. Foi a través de Pibe no minuto 33 de libre directo, logo de avisar previamente mediante o mesmo Pibe e Jordan.
Sen moito máis que destacar chegamos ao tempo de lecer, e tralo paso polos vestiarios o Teruel non fixo máis que mellorar. Dobre troco chave e aos 10 minutos a igualada a través dun saque de esquina. A media hora final foi un auténtico descontrol, transicións rápidas, erros e máxima igualdade. Calquera dos dous equipos puido gañar o partido.
O Arenteiro pecha a 21ª xornada no oitavo posto. O Sestao River será o noso próximo rival o domingo ás 20:00 horas.