O Arenteiro cae no Reino de León (1-0)
Cultural Leonesa 1-0 Arenteiro
Cultural Leonesa: Miguel Bañuz, Victor García, Rodri Suárez, Quique Fornos, Álvaro Martínez (65′ Jaume Pol), Calderón (88′ Muguruza), Barri, Bicho, Solar (61′ Presa), Aarón Rey (61′ Samanes), Dorian (65′ Escudero).
Arenteiro: Diego García, Jordan (65′ Javi Moreno), Pol Bueso, Ger, Álvaro Ramón, Vitra (55′ Markitos), Esquerdo, Tiago (72′ Iván Ramos), Pibe , Chacón, Manin (65′ Juan Delgado).
O Arenteiro non logrou sacar nada positivo da súa visita ao Reino de León. Os de Javi Rey visitaban a un dos mellores equipos da categoría logo de vencer ao Sestao no Espiñedo e acumular 3 encontros sen coñecer a derrota.
Sen embargo a película foi ben distinta, o cuadro local foi doño e señor do partido dende o pitido inicial, aínda que sen xerar ocasións de perigo realmente claras. O cadro verde foi resistindo pero no minuto 37 Dorian poría o 1-0 final logo de un par de rebotes no área, o primeiro vindo dun defensa e o segundo dunha gran parada de Diego García.
Á volta do tempo de lecer o guión do encontro non cambiou muito malia a desventaxa no luminoso, e non cambiaría ata o tramo final, cando o Arenteiro si que inquetou a meta de Miguel Bañuz pero sen excesivo perigo.
O Arenteiro recibirá a Unionistas de Salamanca o sábado ás 16:00 horas no Espiñedo.