O C.D. Arenteiro un punto máis cerca despois do partido contra o Avilés
A vixésimo segunda xornada da Segunda Federación enfrontou ao Real Avilés e ao C.D. Arenteiro no Román Suárez Puerta. Un gol de Pibe mantivo o marcador a favor dos visitantes ata os últimos dez minutos no que un tanto de Primo determinou o empate.
Previa
Os avilesinos viñan de sumar un punto tras o empate a pasada semana contra a Gimástica Torrelavega. Ocupaban a quinta posición da táboa con 35 puntos (a 3 de distancia do terceiro clasificado, o Valladoliz Promesas) despois de reforzar no mercado invernal o seu cadro de forma destacada. Non estiveron dispoñibles para o encontro Isi Ros nin Natalio por sanción.
Os do C.D. Arenteiro chegaban a terras do Principado de Asturias líderes da categoría, con 46 puntos e a 6 de diferencia dos segundos, o Compos. A pasada xornada proclamáronse vencedores en Oviedo. Os de Javi Rey perderon o seu único partido o 20 de novembro. Antes e despois desta data, sempre sumaron. Nesta ocasión, o equipo carballiñés contaba coas baixas de Martín Lamelas e Romay. Porén, Ger e Vitra reincorporábanse.
Primeira parte
O Real Avilés entrou con forza nun Román Suárez máis cheo do habitual na tarde de domingo de Entroido. Xa nos primeiros minutos intentaron encaixar un remate moi centrado de Óscar Conde, despois de que Primo colocase o coiro que o gardameta visitante atrapou con facilidade.
Os verdes seguían a dinámica dun partido áxil e ofensivo. Loitaban por abrirse camiño cara portaría e aproveitaban as xogadas a balón parado.
Foi no minuto 20 do primeiro tempo cando a tensión se palpou no estadio cun disparo de Jorge Fernández que se foi por centímetros. Esta supuxo a primeira e unha das máis claras ocasións dos locais. Pouco despois, a oportunidade veu da mán de Fontán e acabou nas de Diego, demostrando unha vez máis a súa calidade no C.D. Arenteiro.
Os goles non estiveron presentes durante este tempo no que os carballiñeses fixeron alarde da súa supremacía na defensa malia o impacto ofensivo do Real Avilés.
Segunda parte
Tras o paso por vestiarios, os de Javi Rey saíron ao terreo de xogo coa intención de encaixar e sumar fóra da casa. Alertaron con dous perigosos saques de esquina cando os locais contratacaron e Juan López tívoa para proclamarse primeiro goleador da tarde sen éxito. Foi Pibe quen o logrou e dunha forma que tardará en esquecerse. No minuto 53, pola escuadra, cando ninguén esperaba.
Non se renderon os avilesinos. Pouco tempo despois aproveitaron un pase de Primo que erra Valcarce. No minuto 61, Diego García para tamén un remate de César. Despois dos primeiros trocos en ambos equipos, Edu Cortina tratou de encauzar un disparo que remato no pau.
Foi xa tras de numerosas tentativas cando os locais conseguiron superar a barreira do C.D. Arenteiro no último momento. O mérito dentro dos de Emilio Cañedo foi de Primo no minuto 84 mentres os de Javi Rey buscaban amarrar o resultado. Con pouco tempo por diante, o empate estableceuse no luminoso e ambos equipos remataban un punto máis cerca dos seus obxectivos.
Ficha técnica
Real Avilés Industrial (1): Davo, Mayorga, Fontán, Edu Cortina, Jorge, Juan López (Javi Rey 72’), Ivan Serrano, César García (Pablo Ortiz 73’), Valcarce ( Espina 66’), Primo e Morcillo.
C.D Arenteiro (1): Diego, Ger, Pol Bueso, Álex Fernández, Markitos (David Álvarez 76’), Pibe (Mario García, 84’), Cruz (Vitra 65’), Curro (Mella, 84’), Joseca, Manin (Escobar 76’) e Jordan.
Árbitro: Sánchez Ingidua, do comité de Castela e León. Amonestou con cartóns amarelos aos locais Primo e Morcillo. No C.D. Arenteiro, mostrounos a Curro, Pol Bueso, Manín e Escobar.