COMUNICADO OFICIAL | Fin de vinculación de xogadores
O Club Deportivo Arenteiro informa que, unha vez rematada a presente tempada, os seguintes futbolistas finalizan a súa vinculación coa nosa entidade:
- Adri Cruz
- Curro Rivelott
- Manu Figueroa
- Baselga
- Sergi Esteban
- Adri López
- Iano
- Luis Fernández
Desde o club queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todos eles polos servizos prestados, pola súa implicación e pola profesionalidade amosada durante o tempo no que defenderon a camiseta do Arenteiro.
Desexámoslles a maior das sortes nos seus vindeiros retos persoais e profesionais. Esta sempre será a vosa casa.
Apertas verdes.