O C.D. Arenteiro aposta por Adrián Padrón para a base e o Promesas
O C.D. Arenteiro ten o pracer de anunciar a incorporación de Adrián Padrón García como novo adestrador do equipo Promesas e responsable da dirección do método na base. Un paso máis no compromiso do club co desenvolvemento da base e a súa mellora.
Adrián Padrón, con 36 anos, conta cunha ampla traxectoria como xogador, destacando no propio Arenteiro entre a temporada 2016/17 e 2019/2020. Con experiencia e formación, deu o salto ao banco como adestrador dos xuvenís verdes, cos que conseguiu o ascenso a Galega. Posteriormente foi adestrador do Atlético Arnoia e na 23/24 ocupou o posto de segundo adestrador na U.D. Barbadás. Esta temporada 24/25 formou parte do corpo técnico da Sarriana, que ascendeu o pasado domingo a Segunda RFEF.
Agora volve á familia verde e será clave para fortalecer a formación das categorías inferiores do club e asegurar que os xogadores estean listos para seguir desenvolvendo as súas capacidades futbolísticas.
A súa incorporación é unha mostra máis de que o C.D. Arenteiro segue a confiar na súa xente e naqueles que forman parte da familia verde nun momento ou outro promovendo valores como a dedicación, a perseveranza e o esforzo.
Imos con todo!