O C.D. Arenteiro viaxará esta temporada da man da empresa especializada en desprazamentos deportivos Athlos Sports Travel

Así, o equipo poderá desfrutar das facilidades que proporciona esta marca recoñecida no sector para visitar os diferentes lugares e estadios desta categoría

– A través do acordo asinado, Athlos Sports Travel tamén poñerá a disposición da afección do club unha selección e oferta de hospedaxes cando busque animar ao Arenteiro como visitantes

O C.D. Arenteiro asina un acordo coa empresa especializada en desprazamentos deportivos, Athlos Sports Travel. Desta forma, xogadores e corpo técnico poderán valerse das facilidades que proporciona a compañía, cuxo lema é “Disfrutar del viaje es parte del éxito”. Así, o equipo visitará os diferentes lugares e estadios da categoría cun asesoramento íntegro que se adaptará ás súas necesidades en cada ocasión.

Ademais, Athlos Sports Travel tamén conta cun servizo dirixido a afección. Nesta liña, os siareiros do C.D. Arenteiro contarán cunha selección de ofertas de hospedaxe para aquelas ocasións nas que se despracen a animar aos verdes e busquen aloxarse alí.

Athlos Travel: unha empresa de referencia no sector

Athlos é unha startup española creada “por e para deportistas”. Por este motivo e porque coñecía as necesidades existentes neste ámbito, desenvolveu unha plataforma dixital dedicada ao sector das viaxes deportivas co obxectivo de ofrecer a mellor experiencia nas tarefas de reserva e xestión grazas á tecnoloxía. Abordan así ata 14 disciplinas deportivas diferentes e teñen presenza tamén no contexto internacional.

Leave a Reply