A falta de eficacia condena ao Arenteiro (2-1)
TARAZONA: Fuoli; Sergio Camus, Trilles, Vadik, Manu Rico; Areso (Chechu, min 79), Jannick Buyla, Pepe Mena (B. Romero, min 65), Llacer (J. Rodríguez, min 80), Chechu, min 79); Pradera (Javi Martín, min 65) y Cubillas (M. Álvarez, min 87).
ARENTEIRO: Diego García; Jordan, Javi Moreno, Joao Dias, Iván Muñoz (Berardozzi, min 79); Diego Gómez, Mangel (Markitos, min 84), Martín Solar, David Ferreiro; Pascu (Enol, min 46); y Nacho Ramón.
GOLES: 1-0, min 26: Areso; 2-0, min 36: Cubillas. 2-1, min 58: Nacho Ramón.
O Arenteiro volve de balde da súa viaxe a Tarazona, condenado principalmente polos erros en ambas áreas nun encontro moi igualado e intenso.
Xa nos primeiros compases do partido os de Raúl Jardiel fixéronse donos do esférico, namentres que o Tarazona mostrábase cómodo esperando en un bloque medio-baixo e saíndo con transicións rápidas. As primeiras ocasións foron para Martín Solar e Nacho Ramón, e no cadro local para Llacer.
No minuto 26 chegou o primeiro e afortunado gol do Tarazona, obra de Areso tras ir a presión ante Iván Múñoz. O balón rebotou no dianteiro vermello e meteuse na portería de Diego García.
E tan só nove minutos máis tarde tras una gran xogada de Jannick chegou o gol de Cubillas, tras outra acción desafortunada para a zaga verde nun centro lateral.
Jordan, Diego Gómez e Nacho Ramón volveron a estar moi preto do gol, pero entre Fuoli e a defensa evitaron a tanto galego.
Tralo paso polos vestiarios chegaría outro debut, esta vez de Enol Rodríguez, que entraba no posto de Pascu. O Arenteiro estivo mellor tralas modificacións de Raúl Jardiel, quen tamén cambiou a Diego Gómez e Ferreiro de bandas. O mesmo Diego Gómez foi o gran protagonista da xogada do 2-1, tras varios caneos puxo un gran centro a cabeza de Nacho Ramón. Nacho Ramón que tan só dous minutos máis tarde puido empatar o encontro pero non chegou por milímetros ao centro de Enol.
Nacho Ramón volveuno a intentar e posteriormente fixo o propio Berardozzi, aínda que a máis clara do partido chegaría no derradeiro minuto: balón de Diego García, prolongación de Enol e remate de Markitos que sae lamendo a madeira.
O próximo encontro será o sábado 31 ás 18:00 horas no Espiñedo contra a Cultural Leonesa.