O Arenteiro cae ante a Ponferradina

Arenteiro: Manu Figueroa; Jordan Sánchez, Berardozzi, Javi Moreno, Joao Días, Curro, Markitos, Pascu, Enol, Diego Gómez y Mángel. Tamén xogaron Darío Ramos, Iván Muñoz, Adrián Cruz, Ferreiro, Martín Solar, Tiago, Nacho Ramón.

O Arenteiro caeu por 0-2 ante a SD Ponferradina na 73ª edición do Emma Cuervo. Os de Jardiel melloraron bastante respecto o encontro ante o Vila Das Aves, pero non foi suficiente para lograr a primera victoria da pretempada.

O primeiro tanto dos de Javi Rey chegaría no minuto 13, froito dun mal entendido entre Jordan e Manu Figueroa que aproveitou Cortés. O Arenteiro fíxose dono do esférico pero non foi quen de igualar o luminoso, e iso que Enol tivo un man a man ante Prieto. O encontro estivo marcado polo baixo ritmo e a choiva, e aínda que o cadro verde era dono da posesión non xeraba ocasións claras de gol.

A Ponferradina esperaba un contragolpe co que matar o partido e encontrouno no minuto 78, cando Raúl superou a Darío Ramos e puxo o 0-2 definitivo.

O seguinte encontro do Arenteiro será un novo amigable, esta vez en Espiñedo no Trofeo Festa do Pulpo o venres ás 20:00h. O equipo convidado é o Pontevedra.

Leave a Reply