Crueldade e inxustiza no Toralín (2-1)
Ponferradina: Andrés Prieto, Carrique, Markel, Sibille (65′ Mangel), Andoni, Clavería (59′ Igbekeme), Llonch (46′ Borja Valle), Dacosta, Abelenda (59′ Yuri), Lancho, Ernesto Gómez (76′ Cerdà).
Arenteiro: Diego García, Jordan, Javi Moreno, Ger, Álvaro Ramón, Vitra (70′ Tiago), Esquerdo (90′ Romay), Iván Ramos (80′ Berardozzi), Chacón, Pibe (80′ Manín), Miku (90′ Sena).
O Arenteiro encadea a súa cuarta derrota consecutiva e a terceira na 1ª RFEF tras caer de forma cruel e inxusta no Toralín por 2 goles a 1.
Tras un primeiro tempo bastante igualado, no cal ambos equipos xogaron as súas cartas de poder a poder e incluso tiveron o mesmo número de ocasións de gol (2), chegou unha segunda parte con goles, emoción e crueldade.
Os verdes lograron adiantarse no luminoso grazas ao gol de Miku logo dunha boa xogada colectiva e unha acción previa brillante de Iván Ramos. Pouco tempo despois foi de novo Miku quen facía o 0-2, pero o colexiado señalou un polémico fóra de xogo. E a partir deste intre, a Ponferradina desatou a treboada.
Os de Íñigo Vélez, con prácticamente todo o seu arsenal ofensivo no terreo de xogo, barreron ao Arenteiro. Os do Carballiño desapareceron grazas ao bon facer do cadro local, quen empatou a falta de 5 minutos para o 90′ a través de Lancho.
Os de Javi Rey lograron relaxar o encontro un pouco, e cando estaba a piques de rematar, unha boa xogada colectiva da Ponferradina terminaría nun novo tanto de Lancho. Desta forma os nosos quedaron sen recompensa despois de facer moitas cousas moi ben durante a meirande parte do encontro nun dos campos máis complicados da categoría.
O seguinte encontro será ante o Barça B o sábado 13 de xaneiro ás 17:00 horas no Espiñedo.