O Arenteiro supera ao Cornellà cun Esquerdazo (1-0)
Arenteiro: Diego García, Jordan (72′ Sena), Ger, Javi Moreno, Álvaro Ramón, Tiago (72′ Vitra), Esquerdo, Pibe (80′ Pol Bueso), Chacón, Markitos (66′ Iván Ramos), Manín (72′ Juan Delgado).
Cornellà: Meykher, Andreu Hdez, Ayala (88′ Cherradi), Kike Ríos, José Mas, Caballero, Arranz, Vergés, Canario (74′ Gonpi), Niang (66′ Garrido), Luisao (74′ Kike López).
Outro paso firme máis do Arenteiro, quen xa suma un mes sen coñecer a derrota e tan só unha nos seus últimos 9 encontros. O efecto Espiñedo fai o seu e os de Javi Rey xa son o terceiro mellor local do grupo.
Aínda así, que ninguén pensé que acadar os tres puntos foi doado. O cadro catalán aguantou as mil maravillas e non concedeu prácticamente ocasións de gol aos locais. Un disparo de Pibe, unha boa internada de Álvaro Ramón, un bo intento de Tiago… pero nada con especial perigo para a porta do ucraino Meykher.
Sen embargo, todo cambiou no minuto 73′. Esquerdazo de Esquerdo logo dun mal rexeite da defensa e 1-0. E o guión foi completamente distinto. O Arenteiro, que xa presentara máis desaxustes no segundo tempo respecto ao primeiro, meteuse atrás e sufriu para defender os tres puntos, pero conseguiuno. Diego García, que no primeiro tempo foi un mero espectador, tuvo que intervir nun par de ocasións para evitar o 1-1.
Malia os minutos finais o encontro dos verdes volveu a ser moi bo e os de Javi Rey xa suman +7 respecto ao descenso.
Na xornada 14 o Arenteiro visitará ao Lugo no Anxo Carro ás 19:00 horas do vindeiro sábado 25 de novembro.