O Arenteiro salva un punto no engadido (1-1)
Arenteiro 1-1 Tarazona | 82′ 0-1 Fer Cano, 94′ 1-1 Manin
Arenteiro: Diego García, Jordan (57′ Sena), Vitra (82′ Juan Delgado), Ger, Álvaro Ramón, Álex Fdez, Tiago (75′ Esquerdo), Pibe, Chacón, Iván Ramos (57′ Markitos) Miku (75′ Manin).
Tarazona: Azón, San Emeterio, Trilles, Amoah, Errahaly (62′ Cocca), Pedreño, Keita (84′ Carro), Carlos Javier, Guille Alonso (62′ Fer Cano), Areso (77′ Guiu), Cubillas.
Árbitro: Néstor Holgueras
Encontro soporífero o vivido onte no Espiñedo. Eso sí, na súa meirande parte, porque os minutos finais non deixaron indiferente a ninguén. Dous equipos ben estudiados mutuamente e coñecedores da súa posición na táboa deron como resultado un partido con moi poucas ocasións de gol e moito xogo directo.
No primeiro tempo o máis destacado foi o xogo de espaldas de Areso e a electricidade de Chacón, mentres que na segunda parte podemos ver a un Álvaro Ramón moi profundo que a piques estivo de marcar gol. Sen embargo foi o cuadro visitante o que se adiantou no electrónico dende os once metros logo de aproveitar un erro de Ger. Tamén aproveitando un erro defensivo Markitos puxo un auténtico caramelo que Manin fixo todavía mellor cun precioso remate de tixereta.
O Arenteiro visitará ao Teruel o sábado 7 de outubro ás 19:00 horas.