O Arenteiro cae derrotado no Abanca Balaídos (4-3)
Celta Fortuna 4-3 Arenteiro | 15′ 1-0 Miguel Román, 47′ 2-0 Hugo Álvarez, 49′ 2-1 Miku, 52′ 3-1 Raúl Blanco, 55′ 4-1 Pablo Durán, 58′ 4-2 Chacón, 63′ 4-3 Pibe
Celta Fortuna: Coke, Javi Rguez, Manu Fdez, Joel López, Rueda, Damián (66′ Yoel Lago) , Román (88′ Dela), Hugo Álvarez, Raúl Blanco (76′ Iván), Iglesias (Durán), Alfon (88′ Tincho).
Arenteiro: Diego García, Jordan (61′ Sena), Vitra, Bueso, Álvaro Ramón (77′ Berardozzi), Álex Fdez (77′ Manín), Romay (61′ Javi Moreno), Pibe, Chacón, Juan Delgado, Miku.
Árbitro: Álvaro López
Encontro completamente tolo o vivido no Abanca Balaídos na tarde de hoxe. O conxunto local foi millor no primeiro tempo e non tardou en reflexalo no luminoso, xa que no minuto 15 Miguel Román puxo o 1-0. Os nosos tardaron en reaccionar, e solo foi no tramo final da primeira parte e a través de balón parado.
O segundo capítulo do encontro foi a tolemia absoluta. Seis goles en vinte minutos, dende o 2-0 de Hugo Álvarez ata o 4-3 final, obra de Pibe logo del zurdazo marca da casa. Transicións rápidas, ocasións, e moitos goles. Minutos dos que non gustan aos adestradores.
Intentouno ata o final o Arenteiro, e non estivo moi lexos do empate se Coke non chega a faer unha gran parada ao disparo de Chacón.
O próximo domingo 1 de outubro o Arenteiro enfrontaráse ao Tarazona en Espiñedo as 19:00 horas.