O C.D Arenteiro segue puntuando como visitante no seu encontro fronte ao Rayo Cantabria (2-2)

Os de Javi Rey fanse cun empate en terras cántabras. Malia que o filial do Real Racing Club de Santander adiantouse en dúas ocasións no marcador, os verdes conseguiron sobrepoñerse cun gol de Álex Fernández de penalti e outro de Escobar xa en tempo de desconto.

Previa

O C.D Arenteiro sumaba tres xornadas consecutivas como vencedor e continuaba no primeiro posto afastado do seu rival directo por doce puntos. A pasada fin de semana tocou partido na casa e os verdes levaron os tres puntos da vitoria fronte a un loitador C.D Laredo.

Nesta xornada poñían rumbo a Santander para librar o encontro fronte a un filial como o Rayo Cantabria. Javi Rey contaba coa baixa de Martín Lamelas e mantiña presente a dificultade de demostrar a súa posición contra este equipo.

Os de Ezequiel Loza, que se atopan cara a metade da táboa, caeron o domingo 12 de marzo no campo da Ximnástica (2-0). Fixérono despois de seis encontros nos que resultaran invictos.

Nesta ocasión non puideron valerse de xogadores como Entrecanales, Izan, Diego Campo e Yeray.

Primeira parte

Durante o primeiro tempo ambos equipos non fraguaron moitas oportunidades claras. Porén, o Arenteiro iniciaba o cronómetro con dominio ante o filial.

O primeiro achegamento dos locais foi orquestrado por Mateo, que se achegaba a área cando Pol Bueso cortou a xogada. Poucos minutos despois foi este defensa o que tivo que abandonar o terreo de xogo tras ser implicado nunha falta de Jorge Delgado. O adestrador dos verdes modificou o cadro e inseriu a Vitra no xogo.

Os cántabros continuaron co seu traballo e foi Dani González quen a acción individual tratou de encaixar na portaría de Diego García dende o borde da área. O único que conseguiu foi un saque de esquina sen éxito.

A primeira oportunidade do C.D Arenteiro veu dun balón que rematou Ger e que rozou o pau no Nando Yosu. Outro lanzamento de Pibe cara Pablo Díez foi outra das alertas que os de Javi Rey facían sonar.

No minuto 36, Markitos ensaiou outra ocasión que o gardameta do filial consegue despexar. Xa case en tempo de desconto, Escobar intenta aproveitar un pase de Manín que acaba fóra da área rival.

Segunda parte

Ao comezar o segundo tempo, Jorge Delgado desafiou a Diego García cun disparo que marchou alto. Xa no 52, o partido collía ritmo e dinamismo por ambas bandas. Un pase de Neco a Mateo preludiaba un tanto que non conseguiu entrar en porta dos visitantes grazas ás luvas de Diego García.

Pola contra, o Arenteiro atacaba con tres grandes intervencións. Unha primeira protagonizada por un lanzamento directo de Escobar e dous tiros de Cruz que Pablo Díez conseguiu deter. Os verdes acumulaban e aproveitaban os saques de esquina para poñer nerviosos aos seus rivais. Porén, no minuto 63 sae Ayoub por banda e abre o marcador para o Rayo Cantabria.

Pouco tardaron os verdes en poñerse a súa altura. Fixérono tras unha entrada perigosa na área do rival a Escobar que rematou en penalti. Foi o capitán, Álex Fernández, o encargado de encaixar o primeiro do C.D Arenteiro no minuto 70.

A pouco de rematar o segundo tempo, o filial conseguía adiantarse cun remate de cabeza de Dani González despois de telo intentado Celorio.

Cun 2-1 no minuto 84, os de Javi Rey atacaban e mantiñan a esperanza. Aínda nada estaba decidido e volvérono facer. Foi o propio gardameta do CD Arenteiro quen colocou o balón do empate. Escobar rematouno.

Palabra de adestrador

Javi Rey amosábase contento polo resultado. “Creo que a forma na que se produce este punto é moi importante porque o Rayo Cantabria ponse por dúas veces por diante do marcador e sabemos reaccionar”. Porén, manifesta que se se analiza o encontro de forma global “merecemos gañar ; foi un dos partidos que máis ocasións de gol xeramos”.

O adestrador do C.D Arenteiro felicitou aos seus xogadores e tamén ao porteiro do filial. Resaltou sobre a actitude dos verdes que “o equipo reaccionou e tivo fe ata o final”.  

RAYO CANTABRIA (2): Pablo Díez, Jorrín, Mirapeix, Marco, Mario García, Gete, Dani González, Mateo (Dalisson, min 60), Neco Celorio (Juan Casar, min 85), Nani (Álvaro, min 74) e Jorge Delgado (Ayoub, min 60) (Jeremy, min 74).

CD ARENTEIRO (2): Diego García, Jordan, Germán, Pol Bueso (Vitra, min 17), Joseca, Álex Fernández (David Álvarez, min 81), Adrián Cruz (Curro, min 67), Pibe, Markitos (Rafa Mella, min 81), Manín (Romay, min 67) eAntón Escobar.

ÁRBITRO: Pérez Fernández, do comité de Castela e León.

Leave a Reply