O C.D. Arenteiro emprende unha nova etapa na comunicación dixital da man de duacode.
A empresa duacode. especializada en ofrecer solucións innovadoras e eficientes para mellorar a experiencia do usuario, está traballando na nova páxina web do C.D. Arenteiro e na renovación da súa imaxe no eido dixital.
A páxina web será máis intuitiva e accesible para todos os socios, afeccionados e seguidores e permitirá ao club conectar mellor co público e coa experiencia de estar vencellado ao club.
Duacode conta cunha gran experiencia no sector, diferenciándose pola calidade dos seus deseños atractivos, pero tamén por adaptarse ás necesidades de cada cliente e ámbito no que se desenvolve.
O seu traballo baséase en maximizar a satisfacción do consumidor final do seu produto, é dicir, a dos usuarios que chegan á páxina web.