ABERTO PLAZO DE INSCRICIÓN PARA A BASE DO C.D. ARENTEIRO

Dende o C.D. Arenteiro comunicamos a apertura da inscrición nos equipos da nosa base a partir deste xoves día 4 de Agosto en todas ás súas categorías, tanto femininas como masculinas.

Os adestramentos comezarán nas seguintes datas:

· Fútbol feminino (en todas as súas categorías) na semana do 10 de Agosto.

· Fútbol 11 masculino, na semana do 16 de Agosto.

· Fútbol 8, na semana do 5 de Setembro.

Todos os adestramentos efectuaranse no campo municipal da Uceira. Para realizar a inscrición podes descargar a túa folla de preinscripción na web do club (cdarenteiro.es) e entregala na oficina de deportes do Concello do Carballiño (Raúl), de 9:00 a 14:00 de luns a venres, para todas as categorías. Nos próximos días concretaremos horarios.

DESCARGA AQUÍ A FOLLA DE PREINSCRICIÓN:

FOLLA PREINSCRICIÓN

Leave a Reply