Creación da categoría feminina no C.D. Arenteiro [Con PDF de preinscripción]

Onte, 8 de marzo, o Club Deportivo Arenteiro, comunica a apertura de inscripcións para formar equipos femininos en todas as categorías da base e un equipo sénior feminino.

Realizamos un comunicado oficial no cal explicamos cal é a nosa tentativa con este proxecto novo.

Os equipos da base competirían en liga galega nas súas respectivas categorías e o sénior sería LGF Segunda División, o cal é equivalente á 3ª Nacional Masculina.

Agora abrimos unha preinscripción, mediante o seguinte pdf, o cal terá que ser cuberto e enviado ao noso correo electrónico (cdarenteiro@gmail.com) co asunto [Incripcion Equipo Feminino]. Esta preinscripción supón ter nota de todas as rapazas interesadas no fútbol, e mantelas informadas para saber que día se poden acercar a probar o deporte, día de xornadas abertas e información e preferencia da inscripción final para encher equipo.

Documento para descargar :PDF_Preinscripcion

 

 

Leave a Reply