Faite Socio

Xa pouco queda para o comezo da temporada 2021/2022. A pouco máis dun mes, mostramos a conformación do noso equipo a través dunha pretemporada, cos seguintes partidos confirmados:

Os partidos que se mostran son os confirmados, nas redes o partido contra o C.D. Barco móstrase o día 27, o correcto é o que se mostra nesta imaxe. O lugar e a hora está pendiente de confirmación, Espiñedo é simplemente un indicativo de que se vai a xogar na casa.

Para esta temporada ademáis, como adianto do que se ven, sentamos a un grupo de persoas, para que nos contestasen preguntas sobre o club, sorbe as súas experiencias e as suas sensacións. Sendo isto unha mostra de que cada persoa é un mundo, e vive o C.D. Arenteiro ao seu xeito.

O noso club, está formado por persoas de distintos lugares, con moita historia detrás, e este ano ímola a coñecer máis preto, ímonos acercar máis aos nosos xogadores. Ti, que estás lendo esto, vas a descubrir xogadores con ambicións, con proxectos, persoas que se emocionan igual que ti na grada cando marcan un gol, persoas que se veñen abaixo cando un partido non lles saiu ben, pero siguen loitando para que non se volva a repetir. Persoas, que tiveron comezos máis fáciles ou máis difíciles. E que, o C.D. Arenteiro non só é fútbol, tamén é pasión, é emoción, é pasado, presente e futuro.

O C.D. Arenteiro é unha familia, cada un coas súas cousiñas pero unidos ante un lazo común.

Aquí podedes ver o vídeo:

E agora, tócache a ti, formar parte da historia, vivir o soño.

A partir do 28 de xullo poderaste facer socio ou se xa o eras, renovar o abono. Para iso temos dúas maneiras, a primeira coma sempre, de maneira presencial. Acércate a oficina habilitada para a creación e renovación de socios, (esta oficina será anunciada nas nosas redes, unha vez pechemos esa oficina, a oficina será a taquilla do Estadio Espiñedo) e a segunda a través da web.

Prezos

Os prezos dos abonos son os seguintes:

Condicións do abono na temporada 2021/22

  • Este ano manterase o número de socio da temporada pasada (2020/2021). Para a temporada seguinte (2022/2023), quen non renovase o seu abono, perderá o número. De forma que os que si renovaron irán descendendo de número, ata poder chegar a ser o socio número 1.
  • O abono é persoal e instransferible. C.D. Arenteiro resérvase o dereito de denegar o acceso con uso dun abono que non se corresponda á persoa que o está empregando, así mesmo de solicitar a identificación da persoa.
  • O abono familiar terá un número de socio único, que será o do titular do abono. En caso de que algún membro asociado ao abono familiar se desvincule ou o titular se de de baixa, o número non será transferible a ningún membro beneficiario do bono familiar.
  • O titular que cambie o tipo de abono, manterá o seu numero de socio.
  • Poderase solicitar un documento que acredite que se cumplen as condicións de abono, reservando C.D. Arenteiro os dereitos de denegar un abono e devolver o diñeiro en caso de compra xa realizada (por exemplo, na web).

Cómo Realizar Compra Web

Leave a Reply